Viñedo

Parcelas de pequeno tamaño e repartidas por distintas zonas, con microclimas singulares. Solos pobres e diferenciados, con cepas vellas de variedades autóctonas e baixas producións, son o denominador común. Cun clima de transición entre oceánico e mediterráneo, de temperaturas medias anuais de 14,5º e precipitacións de 970mm anuais, favorecen a conservación de aromas e o mantemento da acidez. Solos de orixe granítico, con esquistos micáceos e cuarzosos, con terrazas fluviais medias, e como espectador de luxo o “xabre” ou “sábrego” que aflora en gran cantidade de chans. As variedades utilizadas e predominantes presentan unhas características ben diferenciadas pero que se complementan a perfección entre elas:

Brancellao

Variedade documentada como cultivada na época prefiloxérica en Galicia, e citada tamén co sinónimo de Albarello. De brotación e maduración tardías, e unha variedade de vigor alto e rendemento medio, posúe unha elevada sensibilidade o oídio e de intensidade media o mildiu. Produce viños equilibrados, de graduacións en torno os 13 % e de acidez total menores a 6 g/L, cunha importante intensidade e de reflexos violáceos en fase visual, destacando, na fase olfativa as notas frutais y vexetais.

Caiño longo

Coñecido dende a antigüidade na D.O. Ribeiro, actualmente e una variedade minoritaria que forma parte de parcelas plurivarietais. Variedade de brotación tardía e maduración tardía, vigor alto e rendemento medio. Presenta sensibilidade de intensidade media o oídio e o mildiu, i e pouco sensible a Botrytis. Produce viños de graduacións medias (11,5% -12,5%) e acidez media-alta (7- 9 g/l).

Ferron

Coñecida tamén como Ferrol e Negrón (no norte da D.O. Ribeiro). Variedade de brotación e maduración media, e moderadamente sensible o oídio, mildiu e Botrytis. E unha cepa delicada e moi sensible os ventos. Os viños caracterízanse por presentaren tendencia a graduacións elevadas (valores en torno a 14%) e acidez media (valores medios de 6 g/l).

Souson

Coñecido tamén cos nomes de Retinto, Tintilla, Pazao e Viñón. Variedade de brotación media e maduración tardía, presenta sensibilidade moderada o mildiu e Botrytis, e alta o oídio. Produce viños con graduacións de 12 a 13 %, e acidez en torno os 5,5 g/l. Caracterizado por presentar tonalidades violáceas con suficiente intensidade colorante para o seu envellecemento en madeira, de notable complexidade olfativa, viños afroitados, con notas a froitos roxos, e a herbas aromáticas e balsámicas.

Mencía

Variedade de brotación e maduración temperá. Sensible as xeadas tardías, o oídio e a botrytis.Produce viños con graduacións alcohólicas medias-altas e acideces lixeiras. Caracterízanse por ter tonalidades violáceas e aromas afroitados a froitas roxas e negras, incluso notas especiadas. Resulta unha variedade moi propicia para a elaboración de viños xoves monovarietais.