• image one
  • image two
  • image three
  • image four
  • image five

Benvidos "O Alborexar no Ribeiro"

Diversos anhelos xorden na cabeza de catro amigos apaixonados dos viños que deciden por a disposición dun fin maior o seu traballo, as súas terras e as súas uvas como catalizador para forxar un novo proxecto. Para a labra desta iniciativa buscouse por en valor uns viñedos maioritariamente antigos e unha maneira de traballar tradicional que na actualidade esta tendendo a desaparecer.

Os principios que se seguen son: a recuperación de parcelas con variedades autóctonas tintas, que contan con diferentes orientacións, solos, microclimas e clons. Estas parcelas o seren plantacións antigas non están adaptadas o traballo mecánico polo que a intervención no cultivo faise de xeito manual,o que axuda a non perder a tipicidade das súas variedades e permite conseguir viños mais complexos.

Vinifícanse por separado as distintas parcelas, fixando o respecto polos métodos antigos de elaboración, sempre mantendo a personalidade da materia prima en aras da máxima personalidade e complexidade. “Viños que transmitan o que se fai na viña, que perduren no tempo e que teñan identidade propia.”